This is a repeating event

Invernia Fest en Pontevedra

ven06febConsultarInvernia Fest en Pontevedra6 e o 7 de febreiro de 2026(Consultar: venres) Recinto Feiral de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Chega a Pontevedra o ‘Invernia Fest’, un novo evento musical para a cidade de Pontevedra, que tomará o o Recinto Feiral como base durante as xornadas do 6 e o 7 de febreiro do 2026.

Trátase dunha proposta novidosa para o inverno que está por chegar e que conta coa colaboración do Concello de Pontevedra, figurando como organizadores e promotores dous nomes ben coñecidos na cidade: Javi Gómez Noya, lendario triatleta, e Fernando Fernández, fundador de Los 3 Monos.

O ‘Invernia Fest’ celebrarase no Recinto Feiral de Pontevedra o venres día 6 e o sábado día 7. A elección do recinto garante a comodidade do público, xa que é un espazo climatizado que permite gozar da música mesmo con choiva ou temperaturas baixas, tal e como lembraron os organizadores.

O festival presenta un cartel «moi variado e compensado», con grupos míticos de rock e pop. Entre os artistas confirmados atópanse Efecto Mariposa, inmerso na xira do seu 25 aniversario, así como bandas de rock «cañeiro» como La Fuga e Obús.

O cartel inclúe tamén a Sôber (cun hard rock con toques melódicos e case metal), e o talento galego de Agoraphobia. Completan a oferta dúas bandas tributo (a Red Hot Chili Peppers e Guns N’ Roses) e grupos locais de Pontevedra, como Liorta e Chroma, ademais de picadiscos da cidade.

A programación estenderase dende a tarde do venres ata a madrugada do sábado, cunha xornada completa o sábado dende a hora do vermú.

O recinto contará con food trucks para que a xente poida cear e comer, e haberá zonas habilitadas con música de DJs para que o público non «descanse» mentres se fan as probas de son dos grupos.

As entradas xa están dispoñíbeis na web oficial do evento, www.inverniafest.com. As primeiras 500 entradas están en promoción: o bono de dous días custa 49 euros.

Presentación do ‘Invernia Fest’ | Concello de Pontevedra

Hora

Consultar (Venres)

Localización

Recinto Feiral de Pontevedra

Alexandre Bóveda, s/n. 36005 Pontevedra

Está pasando!