This is a repeating event

IV Xornadas de Educación do Museo de Pontevedra

xov29maiConsultarIV Xornadas de Educación do Museo de Pontevedra 'Museos e Comunidade: Xerando Sinerxias'(Consultar: xoves) Edificio Castelao. Museo de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Nas IV Xornadas de Educación do Museo de Pontevedra ‘Museos e Comunidade: Xerando Sinerxias’, que se celebrarán os días 29 e 30 de maio de 2025 no Edificio Castelao, poñemos o foco no papel dos museos como centros aglutinadores de colaboracións entre diferentes axentes culturais, co obxectivo compartido de xerar unha rede comunitaria e asociativa.

Nestes tempos convulsos e incertos, todas as persoas profesionais da cultura, da educación e dos museos enfrontámonos ao reto de ofrecer unha oferta cultural que responda ás necesidades dunha sociedade plural e cambiante: que se espera de nós?, estamos preparados para dar unha resposta satisfactoria?, cal é o futuro dos museos e que papel deben xogar no tecido cultural?…

Sobre todas estas cuestións queremos propiciar un lugar de encontro e intercambio para compartir experiencias, retos e inquedanzas.



O programa estrutúrase en tres bloques temáticos:

XOVES 29 DE MAIO

Tarde: de 16 a 20 h. Bloque 1.º O papel dos departamentos de educación: construíndo comunidades

Abordaremos a importancia que adquiren os museos e as distintas institucións culturais, artísticas e patrimoniais na estrutura comunitaria, e amosaremos distintos proxectos que se están a levar a cabo nesta liña dentro do ámbito nacional.

  • Presentación
  • Conferencia inaugural
  • Mesa redonda

VENRES 30 DE MAIO

Mañá: de 9 a 14 h. Bloque 2.º Educación artística e patrimonial: experiencias de colaboración

Esta contorna de colaboración en rede entre os museos e os diferentes axentes da educación artística e patrimonial vai gañando cada vez máis forza. Para as e os educadores e mediadores culturais é moi importante consolidar estas vías de traballo conxunto a nivel pedagóxico para sumar esforzos e atopar vías alternativas de relación e comunicación cos diferentes públicos.

  • Conferencia
  • Presentación de comunicacións
  • Actuación
  • Mesa redonda

Tarde: de 16.30 a 19.30 h. Bloque 3.º Axentes culturais: novos retos nunha sociedade en cambio

Como de necesaria é a colaboración entre os distintos axentes culturais e os museos?, De que maneira se poden construír colaboracións sólidas?, Como formulamos conxuntamente os retos de futuro? Invitámosvos a reflexionar sobre estas e outras cuestións.

  • Presentación de comunicacións
  • Mesa redonda
  • Concerto de clausura

Organiza:

Museo de Pontevedra. Deputación de Pontevedra.

Persoas destinatarias:

Profesionais do ámbito da educación, dos museos, da cultura e público en xeral, e tamén estudantes de disciplinas relacionadas co tema das xornadas.

Formato:

Presencial. As intervencións gravaranse en vídeo e estarán dispoñibles na páxina web das xornadas.

Inscrición:

Inscrición gratuíta. O prazo estará aberto ata o 22 de maio. Outorgarase un certificado de asistencia (é necesario completar o 75 % das horas lectivas).

Comité científico:

  • María Covadonga Barreiro Rodríguez Moldes. Universidade de Vigo
  • Begoña Paz García. Universidade de Vigo
  • Sabela Santos Filgueira. Museo de Pontevedra
  • Ángeles Tilve Jar. Museo de Pontevedra
  • Paula Tilve Otero. Museo de Pontevedra
  • María Tobío Dónega. Museo de Pontevedra
  • María Cristina Varela Casal. Universidade de Vigo

Comité organizador:

  • Moisés Álvarez Jorge. Museo de Pontevedra
  • Ángela Comesaña Martínez. Museo de Pontevedra
  • Diana Duo Ramila. Museo de Pontevedra
  • Agar Ledo Arias. Museo de Pontevedra
  • Pilar Moreira Díaz. Museo de Pontevedra
  • Raquel Torres Fernández. Museo de Pontevedra

Hora

Consultar (Xoves)

Localización

Edificio Castelao. Museo de Pontevedra

Rúa Padre Amoedo Carballo, 3. 36002 Pontevedra

Está pasando!