Exposición 'Cines de Pontevedra' en Sanxenxo

sáb26outConsultardom17novExposición 'Cines de Pontevedra' en Sanxenxo'Memorias dunha ilusión'(Consultar) Sala Nauta - Sanxenxo

Detalles do Evento

Do 26 de outubro ao 17 de novembro de 2024, a Sala Nauta de Sanxenxo acolle a exposición ‘Cines de Pontevedra: Memorias dunha ilusión’, organizada pola Deputación de Pontevedra.

Diante do esmagador dominio que teñen hoxe os complexos multisala nos centros comerciais, pódese considerar que a etapa dos vellos cines, aqueles de sala única que se espallaron ao longo do século XX polas cidades, vilas e localidades da provincia, pertence xa, salvo contadas excepcións, ao pasado.

Esta exposición recupera testemuños da importancia social e cultural que tiña ir ao cine, desde os espazos e arquitecturas que foron acollendo o espectáculo ao conxunto de actividades, prácticas sociais e relacións artelladas nos tempos en que o cine era a principal forma de ocio, e tamén a máis barata.



Ademais dos restos materiais das vellas salas e dos documentos de arquivo, as vivencias arredor do espectáculo do cine subsisten na memoria e nos recordos das últimas xeracións que coñeceron aqueles tempos, cando os soños do celuloide servían de refuxio e animaban as tristuras da vida cotiá.

  • Comisariado e textos: Jesús Ángel Sánchez García
  • Fotografías: Xosé Castro

O proxecto completouse cunha parte de memorias e vivencias persoais en colaboración cos concellos e centros de persoas maiores da provincia de Pontevedra, que participaron cubrindo máis de 500 enquisas e mantendo conversas sobre os seus recordos do cine. Froito dese traballo, realizáronse unhas gravacións durante o verán de 2022.

O horario de visita á exposición é de 10:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 19:30 horas. Luns pola tarde e domingo, pechado.


Hora

Outubro 26 (Sábado) - Novembro 17 (Domingo)

Localización

Sala Nauta

Porto Deportivo Xoán Carlos I, 36960 Sanxenxo

Está pasando!