Concerto de Roi Casal no Grove

xov31xul21:00Concerto de Roi Casal no GrovePROGRAMA '+MÚSICA' DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA21:00 Praza do Corgo - O Grove

Detalles do Evento

A Deputación de Pontevedra leva o xoves 31 de xullo á praza do Corgo do Grove, ao cantautor e compositor galego Roi Casal.

Concerto enmarcado na nova edición de ‘+Música’, o programa provincial que colabora cos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia para apoiar a súa programación cultural e, con isto, difundir e fomentar a lingua e a cultura galegas.

Roi Casal é un músico, compositor e cantante galego nado en 1980. Domina con grande virtuosismo a arpa céltica e a zanfoña, instrumentos milenarios da súa terra natal. Formou parte da mítica banda galega Milladoiro entre os anos 2000 e 2009.

A súa carreira artística en solitario comeza en 2009 coa publicación do álbum ‘Lendas douradas’, ao que seguiron ‘Maxicamente vello’ (2011) e ‘Donos do noso destino’ (2014). Estes traballos foron aclamados pola crítica especializada e convertéronse en número un en vendas en Galicia no momento dos seus lanzamentos.

A súa música serviu tamén como banda sonora para producións cinematográficas e de televisión en distintos países, mentres que as súas xiras o levaron a lugares como Xapón, Arxentina, Estados Unidos, Suíza, Uruguai, Portugal ou Alemaña.

Hora

(Xoves) 21:00

Localización

Praza do Corgo

Praza do Corgo, O Grove

Está pasando!