Castelo de Soutomaior | © Deputación de Pontevedra

Visitas ao Castelo de Soutomaior

mar02xanConsultarlun30decVisitas ao Castelo de SoutomaiorDeputación de Pontevedra(Consultar) Castelo de Soutomaior - Soutomaior

Detalles do Evento

O Castelo de Soutomaior é un imprescindible nas viaxes ás Rías Baixas. Protexe coas súas murallas a lembranza dos personaxes que deixaron a súa pegada en cada recuncho deste fermoso enclave.

Grazas á investigación levada a cabo pola Deputación de Pontevedra para a musealización do ano 2018, poñemos en valor a figura de Pedro Madruga e tamén o labor tan importante que realizou María Vinyals ao longo da súa vida á hora de defender o papel da muller.

Unha fortaleza medieval con toques palacianos do século XIX con moitas historias que contar, a visita ao Castelo de Soutomaior trasládate as distintas épocas, explicándoas dun xeito ameno e interpretativo.


Museo do Castelo de Soutomaior | Deputación de Pontevedra

O proxecto expositivo céntrase en dez eixes: a presenza da fortaleza na contorna desde a súa orixe; o valor da localización para o control do territorio; a destrución por parte dos Irmandiños; o papel dunha figura lendaria coma Pedro Madruga; a fortaleza como centro de poder; a hipótese da orixe galega de Cristóbal Colón; a liñaxe dos Sotomayor; a transformación do castelo nun palacio residencial; a apaixonante figura da escritora e defensora da muller María Vinyals; e as reformas arquitectónicas realizadas ao longo da vida do castelo.

O percorrido, que se inicia unha vez superada a ponte levadiza e que ten unha duración estimada de 45 minutos, realizarase a través das técnicas máis vangardistas de musealización, con sete audiovisuais, recreacións en 3d, videomapping e caixas máxicas. Ademais, alternarase a visita con contidos de carácter didáctico para pór a proba o enxeño, principalmente dos máis pequenos e pequenas.


Visitas guiadas no Castelo de Soutomaior | © Deputación de Pontevedra

VISITAS GUIADAS

Comproba as propostas dispoñibles para que a túa visita estea sempre chea de sorpresas. Recomendamos, segundo a época do ano, realizar diferentes tipos de percorridos aos nosos xardíns. Ademais, contamos con visitas caracterizadas, ambientadas no castelo de principios do século XX, coas que percorrer os xardíns históricos da man da propia María Vinyals, Emilia Pardo Bazán e Coco Chanel.

Tampouco nos esquecemos dos máis pequenos da casa, sabemos que lles encantan as sesións teatralizadas adaptadas a un público infantil. Tamén temos a entrada familiar, coa que ofrecemos un xogo de pistas que vos guiará para acreditarvos como detectives do castelo.

Martes e xoves:

  • ​​​​​​Visita guiada ao castelo ás 12.00 h
  • Visita guiada ao castelo e os xardíns ás 16.00 h


Exterior do Castelo de Soutomaior | © Deputación de Pontevedra

VISITAS SEN GUÍA

Se prefires visitar o castelo pola túa conta (sen guía) tamén é posible. Podes comprar na web ou de forma presencial no despacho de billetes. Os horarios varían segundo nos visites en tempada de inverno ou verán. Ten en conta que se considera o último pase unha hora antes do peche.

Horario Verán (maio-setembro):

  • Xardíns: de 10.00 a 21.00 h
  • Castelo de Soutomaior (despacho de billetes)

    • De luns a venres, de 10.00 a 20.00 h
    • Sábados, domingos e festivos, de 10.00 a 14.30 h e de 16.30 a 20.00 h

Horario Inverno (outubro-abril):

  • Xardíns: de 10.00 a 19.00 h. Luns pechado
  • Castelo de Soutomaior (despacho de billetes)

    • Luns, pechado
    • De martes a venres, de 10.00 a 19.00 h
    • Sábados, domingos e festivos, de 10.00 a 18.00 h

Pechado: 1 e 6 de xaneiro, 24, 25 e 31 de decembro


Hora

Xaneiro 2 (Martes) - Decembro 30 (Luns)

Localización

Castelo de Soutomaior

Rúa do Rial, s/n, 36691, Soutomaior

Está pasando!