'Laranxus 7' en Salvaterra de Miño

ven16dec17:00ven23:50'Laranxus 7' en Salvaterra de Miño'tornar ás taboas'17:00 - 23:50 Concello de Salvaterra de Miño - Salvaterra de Miño

Detalles do Evento

Dentro do programa ‘Tornar ás táboas’, organizado pola Deputación de Pontevedra, o venres 16 de decembro ás 17:00 horas, o Salón de Actos da Casa da Cultura de Salvaterra de Miño acollerá a posta en escena de ‘Laranxus 7’, a cargo de Ártika Cía.

Verde é un extraterrestre que habita o planeta Laranxus 7. Leva unha vida en grao sumo monótona e aburrida, só e sen ninguén con quen xogar.

Cando o seu planeta é colonizado por malvados e horribles invasores, Verde, o noso protagonista, embárcase nunha viaxe fantástica en busca de axuda.

A súa odisea levarao a descubrir diferentes razas e lugares no universo que eventualmente cambiarán a súa visión do mundo e descubrirán o verdadeiro valor da amizade.


‘TORNAS ÁS TABOAS’

‘Tornar ás táboas’ nacía en 2021 como algo máis que unha programación cultural, como unha declaración de vontade e ánimo para que o teatro retome a súa actividade nos escenarios de auditorios, teatros e centros culturais da provincia; era unha chamada á volta ao lugar de orixe e ao traballo, aos espazos de lecer e emoción, un cambio de dirección e mentalidade tras esta longa temporada de incerteza, dentro desa guía de aviventar a cultura que encabeza todas as propostas este ano, cunha firme intención no seu propio significado de coidado e protección de todo o que vaia acontecer no seu interior.

Este 2022 o programa crece e amplía o seu orzamento, aumenta funcións e consolida a súa aposta por apoiar as nosas compañías, garantindo o acceso á programación cultural en cada recuncho da provincia. Pretendemos que o noso territorio goce do teatro e reactive os seus auditorios e salas, que despois do baleiro provocado pola pandemia están a vivir un retorno dos sorrisos, das emocións e do goce coa cultura.

Para iso ofrecemos e abrimos este programa a todos os concellos cunha poboación inferior a 20.000 habitantes e contamos coas compañías profesionais da provincia para ofertar o mellor teatro en todo o territorio.

Así, esta segunda edición de ‘Tornar ás táboas’ levará 47 espectáculos á escena este outono, para desenvolver o seu calendario entre o 23 de setembro, e comezar con Malasombra en Rodeiro e pechar a temporada o 18 de decembro en Caldas de Reis con Tanxarina Títeres, ademais de integrar no percorrido unha función moi especial para a rapazada do Centro Príncipe Felipe o 29 de setembro, con Xarope Tulú.


Hora

(Venres) 17:00 - 23:50

Localización

Concello de Salvaterra de Miño

Está pasando!