Centro Cultural Xaime Illa Couto, en Raxó | Concello de Poio

This is a repeating event

Letras Galegas 2025 en Poio

sáb17maiConsultarLetras Galegas 2025 en PoioConcello de Poio(Consultar: sábado) Centro Cultural Xaime Illa Couto - Poio

Detalles do Evento

Concello de Poio conmemorarará as Letras Galegas cunha programación completa e para todas as idades, na que o concurso literario de relato curto e poesía Xaime Illa Couto volverá ter un protagonismo destacado.

A programación arranca o propio sábado 17, ás 17.00 horas no Centro Cultural Xaime Illa, en Raxó, coa entrega dos premios. Un certame que contou coa participación de 120 traballos procedentes de lugares como Madrid, Ribadeo, Santiago de Compostela, Vilagarcía de Arousa, Xinzo de Limia, Marín, Betanzos, Nigrán, Teo e Poio.

A continuación, inclúese a conferencia de Xosé Luis Pastoriza Rozas, doutor en filosofía e experto no legado e na figura de Xaime Isla. Apaixoado da educación transformadora e do empoderamento da mocidade, será un fantástico interlocutor para achegar a figura de Xaime Illa e a importancia do idioma á xente moza.

Este ano as Letras Galegas renden homenaxe á poesía popular oral, representadas polas cantareiras como grandes figuras na transmisión da cultura e lingua galegas. Así, Poio contará tamén coa actuación das pandereteiras do Ronsel, unha das agrupacións tradicionais que hai no municipio. Para rematar a xornada, a Escola de Música Tradicional de Poio interpretará o himno galego.

A programación continuará o domingo, tamén no CC Xaime Illa Couto, co espectáculo ‘A Maxia das Letras’, a cargo do Mago Samuel. Será a partir das 18.30 horas e con entrada de balde.

Trátase dun proxecto dirixido ao público infantil e adulto que combina maxia e creatividade para fomentar o amor polos libros e a lectura, destacando figuras homenaxeadas no Día das Letras Galegas. Conta coa colaboración do programa ‘Ler conta Moito’, da Xunta de Galicia.

Hora

Consultar (Sábado)

Localización

Centro Cultural Xaime Illa Couto

Igrexa, 16 - Raxó - 36992 Poio

Está pasando!