LXXIII Concurso de Maios e Embarcacións en Marín

ven01mai12:30LXXIII Concurso de Maios e Embarcacións en MarínAteneo Santa Cecilia e Concello de Marín12:30 Alameda de Marín - Marín

Detalles do Evento

Seguindo coa tradición, co gallo do día 1 de maio, o Ateneo Santa Cecilia coa colaboración do Concello de Marín, organiza a LXXIII edición do seu tradicional Concurso de Maios e Embarcacións, dirixido a tódolos centros escolares (idade mínima das persoas participantes: 2º ciclo de Educación Infantil e idade máxima: alumnado de 2º de bacharelato), asociacións e demais colectivos de Marín e contorna.

Os grupos que desexen participar neste concurso, rexido polas seguintes bases, teñen que facer a súa inscrición antes das 20:00 horas do venres 24 de abril (pasada a hora de entrega, non se admitirán a concurso).

Para elo, deberán cubrir a folla de inscrición que poden recoller na secretaría do Ateneo, sita na rúa do Forno 42 – baixo, en horario de luns a venres, de 18:00 a 20:30 horas. Á dita solicitude deberán xuntar 2 copias da letra coa que vaian participar neste concurso.

Os grupos participantes terán, obrigatoriamente, que concentrarse ás 12:30 horas na alameda Rosalía de Castro, no entorno do palco da música (nos círculos pintados no chan), e ás 17:00 horas, na Praza do Reloxo (a non ser que a organización lles comunique o contrario por mor de condicións climáticas adversas).

Hora

(Venres) 12:30

Localización

Alameda de Marín

Alameda Rosalía de Castro, 36900 Marín

Está pasando!