‘Manuela Rey is in da House’ en Pontevedra

xov01mai21:00‘Manuela Rey is in da House’ en Pontevedraa historia esquecida do teatro galego e portugués21:00 Auditorio do Pazo da Cultura - Pontevedra

Detalles do Evento

O vindeiro xoves 1 de maio ás 21h. chega ao Pazo da Cultura de Pontevedra a coprodución do Centro Dramático Galego ‘Manuela Rey is in da house’ con dirección e dramaturxia de Fran Núñez.

Manuela Rey, “a muller lirio”, é máis que unha liña no libro dos enterros do cemiterio dos Praceres, en Lisboa. É un misterio que comeza en Mondoñedo, nunha casa de aldea, en 1842, e remata no Teatro Nacional Dona María II, en Lisboa.

De Mondoñedo a Lisboa. De Galicia a Portugal. 23 anos de vida. 23 anos de teatro.



Como reconstruír unha vida onde só temos anacos soltos e contraditorios? Sabemos que despois de seis anos foi entregada a unha compañía teatral itinerante, que percorreu León, Palencia, Bragança, Valença, Ponte de Lima, Viana do Castelo, Régua, Porto para que o grupo familiar adoptivo chegase a Lisboa e triunfase no Teatro Nacional Dona María II e morrese como unha estrela aos 23 anos.

Manuela Rey é a historia esquecida do teatro galego e portugués. Actriz. Escritora.

Neste espectáculo tentamos recuperar o que quedou da súa memoria. Porque sen memoria non hai Historia.



  • Coproducción do Centro Dramático Galego, Teatro do Noroeste/Centro Dramático de Viana, Teatro Nacional de São João, Teatro Nacional D. Maria II, coa colaboración do INCIPIT-CSIC, FITEI do Porto e o Festival de Teatro de Almada.
  • Con Mariana Carballal, Neto Portela, Nuno J. Loureiro, Rafaela Sá, Raquel Crespo, Teresa Vieira, Xosé Lois Romero.
  • Arqueóloga investigadora do INCIPIT-CSIC: Paula Ballesteros
  • Dramaturxia e dirección: Fran Núñez
  • Duración estimada: 80 minutos (sen descanso)  

As entradas a un prezo de 8 euros (4 euros para estudantes, persoas desempregadas e maiores de 65 anos) están xa á venda en Ataquilla.com

Hora

(Xoves) 21:00

Localización

Auditorio do Pazo da Cultura

Rúa Alexandre Bóveda, s/n. 36005 Pontevedra

Está pasando!