Media Maratón 'Entre Rías'

dom19mai10:30Media Maratón 'Entre Rías'O Grove - Sanxenxo10:30 Concello do Grove - O Grove

Detalles do Evento

Os Concellos do Grove e Sanxenxo organizan o domingo 19 de maio a Media Maratón ‘Entre Rías’ que percorrerá parte das Rías Baixas, saíndo desde O Grove para chegar a Sanxenxo atravesando localizacións como a Illa da Toxa ou a Praia da Lanzada.

A media maratón sairá do porto do Grove ás 10.30 horas, para percorrer a Illa dá Toxa, a praia da Lanzada e terminar no porto deportivo de Sanxenxo. Poderá facerse de forma individual ou por substitucións en parella. Ademais, o mesmo día haberá unha proba alternativa de 10K con saída desde a Ermida da Lanzada, ás 11.30 horas, e chegada ao porto deportivo de Sanxenxo.



Na cita, que se celebrará o domingo 19 de maio, repartiranse máis de 3.000 euros entre os gañadores das distintas categorías.

Nesta primeira edición celebrarase un ‘Entre Rías’ especial. Será o sábado 18 de maio cando o paseo marítimo do Grove acolla, a partir das 17.00 horas, probas para nenos e nenas de ata 13 anos. A participación será totalmente gratuíta.

As inscricións pódense realizar na web oficial do evento ata o vindeiro mércores, www.entreriasmediamaraton.com.

Hora

(Domingo) 10:30

Localización

Concello do Grove

Está pasando!