Mercado ‘Segundo Premio’ en Pontevedra

sáb18abr11:00sáb15:00Mercado ‘Segundo Premio’ en Pontevedra'a pé de rúa'11:00 - 15:00 Cidade de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Concello de Pontevedra, a través da área de Promoción Económica, pon en marcha unha nova edición do mercado de segundas oportunidades ‘Segundo Premio’. Esta iniciativa, que gozou de grande éxito entre a veciñanza en pasadas ocasións, terá como espazo a Pasarela de Xosé Adrio Barreiro, o vindeiro  18 de abril, entre as 11:00 e as 15:00 horas.

Segundo Premio’ preséntase non só como un evento para darlle unha segunda vida a eses obxectos que a veciñanza xa non quere nos seus fogares, senón que tamén se concibe como unha xornada de convivencia para os barrios, promovendo a responsabilidade co medio ambiente, promocionando o comercio de segunda man, os negocios de reparación ou a recuperación de produtos.

«Temos previsto que haxa música, xogos para as crianzas e moitísimas sorpresas ao longo da mañá», explica a concelleira Anabel Gulías. «Aínda que xa temos 30 postos confirmados aínda hai postos para formar parte desta cita».

Toda persoa interesada en participar pode solicitalo a través do enderezo electrónico apederua@gmail.com.

Hora

(Sábado) 11:00 - 15:00

Localización

Cidade de Pontevedra

Está pasando!