Migallas Teatro presenta 'O cantante e as mulleres’ en Pontevedra

dom08mar19:00Migallas Teatro presenta 'O cantante e as mulleres’ en PontevedraDía Internacional da Muller19:00 Casa Verde de Salcedo - Pontevedra

Detalles do Evento

O domingo 8 de marzo, ás 19.00 horas na Casa Verde de Salcedo, a compañía Migallas Teatro representará o espectáculo ‘O cantante e as mulleres’ con motivo da celebración do Día Internacional da Muller.

‘O cantante e as mulleres’ é un espectáculo humorístico onde as cancións alternan coas interpretacións teatrais nas que se tratan temas moi próximos aos espectadores e espectadoras.

Os diálogos e mais os sketchs céntranse neste caso no machismo desde a óptica de diversas personaxes femininas: unha muller anciá, unha señora de clase social alta (a popular Sra. de Palmírez, coñecida polas súas intervencións no programa Luar da TVG) e unha “ama de casa”.

Ao final do espectáculo, amósase o machismo oculto que subxace en moitas persoas que, en aparencia, teñen ideas moi progresistas pero que na vida cotiá reproducen os mesmos esquemas patriarcais herdados.

A función está organizada pola Asociación Cultural Casa Verde de Salcedo e conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra a través do programa Culturea.

A entrada é de balde ata completar a cabida.

Hora

(Domingo) 19:00

Localización

Casa Verde de Salcedo

Igrexa, 36C, 36143 Salcedo, Pontevedra

Está pasando!