‘Os dous de sempre’ | Mofa & Befa

‘Mofa & Befa: Os dous de sempre’ de Producións Teatrais Excéntricas en Pontevedra

xov26mar21:00‘Mofa & Befa: Os dous de sempre’ de Producións Teatrais Excéntricas en Pontevedra ciclo Ponteatro 202621:00 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Producións Teatrais Excéntricas pechará a actual tempada do ciclo Ponteatro co espectáculo ‘Mofa & Befa: Os dous de sempre’.

Moita xente, cando escoita “os dous de sempre”, no primeiro que pensa é en Mofa e Befa. E a Castelao non lle parece mal. O dúo cómico formado por Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira son parte do fecundo río do humor galego. Agora decídense a encarnar dúas personaxes de papel, concibidos por un humorista gráfico.

Os pallasos son criaturas feitas de mesturar un tolo e un neno. Para facer un bufón fai falta, ademais, o animal que todos levamos dentro. Nenos, tolos e animais compoñen o rico universo humorístico de Castelao, o seu retablo da comedia humana. Mofa e Befa vai meter todo este universo nas figuras de Pedriño e Rañolas: Os Dous de Sempre.

Autoría: Quico Cadaval e Carme Varela. Dirección: Quico Cadaval. Elenco: Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira e Josito Porto.

Duración: 100 min.

PONTEATRO

O Concello de Pontevedra presenta unha nova tempada do ciclo Ponteatro que contará con 4 espectáculos entre o 26 de febreiro e o 26 de marzo, os xoves ás 21:00 horas no Teatro Principal de Pontevedra.

O cartel está deseñado por Ovo Publicidade e inspirado coma sempre desde hai uns anos, nunha obra de pintura clásica. (“Figura alada” de Abboult Handerson Thayer -1889. Colección Art Institute Chicago).

Teatro do Noroeste, Morraoconto, CDG e Mariña Lestón e Producións Teatrais Excéntricas serán as compañías encargadas de emocionar ao público nesta nova tempada de teatro. Entre outras temáticas, os espectáculos seleccionados abordarán a guerra, a beleza, a perda, os naufraxios da Costa da Morte e o humor.

Os abonos a un prezo de 20 euros e as entradas individuais a 8 euros (4 euros para persoas estudantes, desempregadas e maiores de 65) están á venda en Ataquilla.com

Hora

(Xoves) 21:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!