'Molto Barroco' de Píscore en Pontevedra

dom11xan12:00'Molto Barroco' de Píscore en PontevedraDomingos do Principal12:00 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O domingo 11 de xaneiro, Píscore levantará o pano da tempada de inverno dos Domingos do Principal co espectáculo ‘Molto Barroco’, unha reivindicación das composicións musicais barrocas dende o teatro.

Dobre función: 12:00 e 18:30 horas.

Con motivo do baile de petición de man da súa prometida, o rei encarga ao compositor da corte unha peza orixinal. Esta solicitude desencadea unha serie de escenas cómicas entre os tres músicos de cámara, o rei, a súa prometida e, se cadra, futura raíña e o compositor.

Un triángulo amoroso que contará coa complicidade dun bufón con actitude irreverente.

Espectáculo seleccionado para o certame Barroco Infantil do Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro 2024.

Comedia musical

Idade recomendada: a partir de 5 anos

Duración: 70 minutos

As entradas están á venda en Ataquilla.com a 4 euros e abono para as catro funcións dos Domingos do Principal a un prezo de 12 euros.

Hora

(Domingo) 12:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!