'Momento Calma' en Pontevedra

sáb29nov09:45'Momento Calma' en PontevedraForo da Muller e Benestar na Peri e Menopausa09:45 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Que supón a peri e menopausa para unha muller? Como afectan os cambios hormonais a súa saúde física, mental e emocional? Como poden mellorar o seu benestar?

Son respostas que buscan as 375 mulleres que asistirán este sábado 29 de novembro ao Foro da Muller e Benestar na Peri e Menopausa – Momento Calma, que se vai desenvolver no Teatro Principal de Pontevedra.

Momento Calma está organizado pola Concellería de Benestar Social, dirixida por Anabel Gulías, xunto con Punto de Apoyo-PsicoloxíaJavier Varela Marketing. En apenas catro días -o foro é de balde pero é precisa a inscrición- completouse o aforo o que amosa o interese das mulleres por ter información, apoio, rigor profesional e acompañamento nunha etapa vital -tabú ata hai pouco e, aínda hoxe, invisibilizada- e que é “moito máis que irse a regra”.

“É un foro con punto de vista feminista” subliñaba Anabel Gulías durante a presentación do evento, ao tempo que engadía: “durante moito tempo os temas que teñen que ver coa saúde das mulleres estiveron infra-valorados, minusvalorados e, mesmo ás veces, ridiculizados”.

O Foro da Muller e Benestar na Peri e Menopausa – Momento Calma será unha intensa xornada de mañá e tarde – que incluirá once relatorios técnicos con especialistas e unha mesa redonda de experiencias- que ten como obxectivo: desmontar mitos, informar e despexar dúbidas sobre a peri-menopausa e menopausa.

Presentación do Foro Momento Calma | Concello de Pontevedra

O programa do Foro da Muller e o Benestar na Peri e Menopausa – Momento Calma é o seguinte:

MAÑÁ

  • 09.45 horas. Inauguración oficial
  • 10.00 horas. ‘Menopausa: Cambios, mitos e realidades’. María Fernández Rial, xinecóloga especialista en saúde hormonal, endometriose, anti-concepción e menopausa
  • 10.30 horas. ‘Alimentación e hábitos saudables en peri e menopausa’. Lorena Quintás, asesora nutricional
  • 11.00 horas. ‘Máis aló do mostrador: o papel da farmacéutica na saúde hormonal feminina’. Loreto Iglesias, farmacéutica
  • 11.30 horas. ‘Proxecto Hipopausa-hipotálamo e menopausa’. Ismael González García, investigador do CiMUS-USC

 PAUSA PARA CAFÉ —

  • 12.30 horas. ‘A importancia do adestramento de forza na menopausa’. Ana Latorre, fisioterapeuta e especialista en terapia Psico-inmunorexenerativa
  • 13.00 horas. ‘Experiencias na menopausa’. Mesa redonda con: Raquel Fernández, Alicia Esteban e Ana Gayoso. Modera: Ángela Patricio
  • 13.40 horas. Presentación do libro “Ser mujer”. Alexandra Henríquez, xinecóloga especialista en xenoloxía, patoloxía mamaria e oncoloxía xinecolóxica

TARDE

  • 16.05 horas. ‘Suplementación e menopausa: que é o que realmente necesito?’ Aurea González, dietista e especialista en Psico-neuroinmunoloxía
  • 16.35 horas. ‘Menopausa e corazón: o que ninguén che contou’. Sergio Raposeiras, cardiólogo
  • 17.05 horas. ‘Menopausa e fisioterapia en chan pélvico: unha nova etapa, un novo equilibrio’. Yaeli Bermello, fisioterapeuta experta en fisioterapia aplicada á xinecoloxía, uroloxía e obstetricia
  • 17.35 horas. ‘Saúde vaxinal na menopausa: implicacións clínicas da diminución estroxénica’. Lidia Lestregás, matrona
  • 18.15 horas. ‘Regresar a unha mesma: unha nova mirada psicolóxica á saúde emocional feminina’. Ángela Patricio, psicóloga

Hora

(Sábado) 09:45

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!