Monólogo de Ignatius Farray en Redondela

sáb27set18:00Monólogo de Ignatius Farray en RedondelaVIII ciclo 'Humor na súa tinta'18:00 Multiusos da Xunqueira - Redondela

Detalles do Evento

A oitava edición do ciclo ‘Humor na súa tinta’ comeza o sábado 27 de setembro con Ignatius Farray.

Ignatius móstranos unha performance non apta para todos os públicos. Cada día será completamente diferente, exceder os límites da nosa mente…

Ignatius Farray é un cómico de Tenerife que empezou na Stand-Up hai 20 anos, e desde ese momento, segue de xira por todo o país.

Moitos xa o coñecemos porque tiña un programa na Cadena Ser con David Broncano e Héctor de Miguel que se chamaba ‘La vida moderna’, porque escribiu tres libros para ‘Temas de hoy’ (Planeta), porque protagonizou a serie sobre a súa vida ‘El fin da comedia’ (nomeada a un premio Emmy) ou porque se meteu nalgunha lea tuiteando e xa sabemos de que pé coxea.

A quen non o coñecedes: ou che gusta ou non che gusta. Por iso o mellor é que o veñas a comprobar. É gañador do premio Ondas.

Espectáculo de 80 minutos de duración, non recomendado a menores de 16 anos.

VIII HUMOR NA SÚA TINTA

O ciclo de monólogos e de comedia ‘Humor na súa tinta’ chega a súa oitava edición con cinco actuacións diferentes que van de setembro a febreiro de 2026:

  • Sábado 27 de setembro, 18 e 20h: Ignatius Farray
  • Domingo 2 de novembro, 19h: Iván Esturillo
  • Domingo 21 de decembro, 19h: ‘El Rey Lirón. Unha parodia musical’
  • Sábado 24 de xaneiro, 20h: Salva Reina
  • Sábado 28 de febreiro, 20h: Coria Castillo

Organizado por Pares o Nones Producciones e o Concello de Redondela, as actuacións terán lugar no Multiusos da Xunqueira.

Entradas anticipadas á venda en woutick.es e na conserxería do Multiusos.

Hora

(Sábado) 18:00

Localización

Multiusos da Xunqueira

Paseo da Xunqueira, s/n, 36800 Redondela

Está pasando!