This is a repeating event

Obradoiros no Ganapán do Mercado

sáb13set12:00sáb13:30Obradoiros no Ganapán do Mercadodirixidos a crianzas de entre 4 e 10 anos12:00 - 13:30 Mercado Municipal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O Ganapán é un espazo infantil sito no primeiro andar do Mercado de Abastos, que nace coa vontade de fomentar a asistencia do público familiar da Boa Vila ao Mercado.

Non é só unha ludoteca; é un espazo para o achegamento das familias ao tecido produtivo da terra e do mar, ao comercio de proximidade, á produción ecolóxica e á cultura natural que habita os mercados tradicionais coma o da nosa cidade.

No Ganapán desenvólvense actividades lúdicas e didácticas: obradoiros artísticos, gastronómicos, ambientais, musicais, literarios… que teñen o produto de proximidade presente no Mercado como fío condutor.

A nova tempada do Ganapán articularase ao redor de dúas actividades principais: os obradoiros lúdicogastronómicos da fin de semana e as visitas escolares.

Os obradoiros, dirixidos a crianzas de entre 4 e 10 anos, celebraranse os sábados ás 12.00 horas, cunha duración de hora e media.

Máis información e normas de inscrición nas redes sociais de O Ganapán.

Hora

(Sábado) 12:00 - 13:30

Localización

Mercado Municipal de Pontevedra

Rúa Serra, 5 - 36002 Pontevedra

Está pasando!