This is a repeating event

'O meu mundo non é deste reino' en Vigo

sáb09mar20:00'O meu mundo non é deste reino' en Vigo9 e 10 de marzo de 202420:00 Sala Ártika - Vigo

Detalles do Evento

O sábado 9 e domingo 10 de marzo, ás 20:00 horas, na Sala Ártika de Vigo, Teatro da Ramboia porá en escena ‘O meu mundo non é deste reino’, obra de teatro de actores e marionetas en galego, recomendada para público adulto.

Uns feirantes chegan ao que chaman fogar logo dun día de traballo. Son Camilo e Tomás, dous titiriteiros que levan o mesmo espectáculo unha e outra vez polas vilas do país. Carretan ás costas un enorme “tutilimundi”. A disxuntiva de abrilo convérteo nunha caixa de pandora latente.

Contar e dar vida ao que contén, supón a única vía de escape dos totalitarismos que os oprimen. Un xeito de sobrevivir nun reino militarizado sen trazas de lóxica humanística. Nun contexto ao que non pertencen, nun reino que non é do seu mundo.

Ábreno. As marionetas emerxen da farsa como alegorías incontrolables e esperpénticas dunha realidade pasada. A comedia ábrese paso como xerme de cambio nun xogo continuado entre o micro e macro teatro. Ata que todo remata. Desbórdase.

Neste Reino a inxustiza tínguese de vivas cores querendo despistar ao senso común, ao oprimido. E que ocorre co resto? Cos que lle rodean? Esvaecen nun fondo descolorido.



‘O meu mundo non é deste reino’, é unha adaptación da “Farsa de Bululú” de Manuel María, unha parodia da ditadura franquista. A recuperación do título orixinal da obra serve para proxectar este laio silenciado no seu día. Hoxe, encabeza o espectáculo de novo para facer fronte a un pasado que insiste en repetirse.

Premios:

  • 2020 María Casares á Mellor Dirección para María Peinado
  • 2020 María Casares á Mellor Adaptación para María Peinado
  • 2018 Proxecto Gañador do I Certame Manuel María de Proxectos Teatrais

Entrada anticipadas á venda en artikavigo.com a 10 euros + gastos de xestión (dispoñible ata 24 horas antes da primeira función) e en taquilla a 14 euros + gastos de xestión.

Hora

(Sábado) 20:00

Localización

Sala Ártika

Avda. de Beiramar, 113 36208 Vigo

Está pasando!