This is a repeating event

'La Vaca Lola y sus amigos' en Vigo

sáb25nov17:00'La Vaca Lola y sus amigos' en Vigoteatro-musical interactivo 17:00 Teatro-Cine Salesianos - Vigo

Detalles do Evento

O sábado 25 ás 17:00 e ás 19:00 horas, e o domingo 26 de novembro ás 12:30 horas, o Teatro Cine Salesianos acolle o musical ‘La Vaca Lola y sus amigos’.

Lola, a vaca máis famosa do mundo, chega coa súa obra de teatro musical, xunto aos seus amigos enxeñosos e divertidos, que a través da música e a danza ensinarán aos pequenos e maiores a valorar a importancia da alimentación, o respecto pola natureza e o verdadeiro significado da amizade.

La Vaca Lola converteuse na artista infantil do momento, situándose como unha das personaxes con máis visualizacións en YouTube, chegando a superar os mil millóns de visitas.

Este espectáculo de teatro-musical interactivo é un espazo familiar de diversión e pedagoxía que proporcionará unha experiencia inmersiva no universo de La Vaca Lola y sus amigos, a través dunha gran aposta no escenario a través das mellores cancións populares de todos os tempos.

Os menores de 12 meses non pagan entrada.

Entradas anticipadas á venda dende 10 euros en Ataquilla.com


Hora

(Sábado) 17:00

Localización

Teatro-Cine Salesianos

Rúa de Venezuela, 3, 36203 Vigo

Está pasando!