Obradoiro ‘Artesanía con redes de mar’ en Soutomaior

lun09mar16:30lun20:30Obradoiro ‘Artesanía con redes de mar’ en Soutomaior8M día internacional da muller 202616:30 - 20:30 Multiusos de Arcade - Soutomaior

Detalles do Evento

Baixo o lema ‘Herdeiras do sal’, este ano a programación do 8M no Concello de Soutomaior centra o seu foco na  visibilización e recoñecemento da figura das mulleres no mar.

Dentro da programación para este 8M está o acto central, será o sábado 7 de marzo, onde se fará entrega do premio ‘María a das mil Flores’ a Estrella Cotegoso, a primeira muller mariñeira da Confraría de Arcade. Un premio que, lembramos, foi acordado coa maioría de votos no Consello feminista municipal.

Nesta xornada, do 7 de marzo, tamén poderemos descubrir o documental onde se nos conta a vida e a súa relación co mar de Estrella Cortegoso. E, para rematar a xornada, poderemos desfrutar da actuación musical do Orfeón do Berbés. Un acto que comezará ás 20:30 horas no Multiúsos de Arcade e cuxa entrada será de balde ata completar o aforo.

Unha programación que tamén inclúe un obradoiro, de balde, de ‘Artesanía con redes de mar’ que se realizará o 9 de marzo en horario de 16:30 a 20:30 hora no Multiúsos de Arcade. Unha cita impartida por Redeiras Artesás. Inscricións do 28 de febreiro ao 5 de marzo en soutomaior.gal

Dende o concello animan á veciñanza a participar e formar parte destas citas englobadas dentro da celebración do 8M de Soutomaior.

Hora

(Luns) 16:30 - 20:30

Localización

Multiusos de Arcade

Rúa do Peirao, 8, 36690 Soutomaior

Está pasando!