Obradoiro de máscaras de Entroido en Vilagarcía

ven20feb18:00Obradoiro de máscaras de Entroido en VilagarcíaImpartido por Juste Kamishibai, papel e teatro18:00 Concello de Vilagarcía de Arousa - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

A Biblioteca Pública Rosalía de Castro súmase ás celebracións do Entroido organizando un obradoiro infantil de confección de máscaras que se desenvolverá o venres 20 de febreiro, a partir das 18:00 horas, nas dependencias da rúa Castelao.

Trátase dunha actividade gratuíta, dirixida a nenos e nenas a partir de seis anos, que poderán acudir sós ou acompañados.

O taller terá unha duración de 90 minutos e será impartido pola compañía Juste Kamishibai, papel e teatro.

O número de prazas dispoñibles ascende a quince, que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición. Para anotarse, as persoas interesadas deben dirixirse ao mostrador da Biblioteca.

Hora

(Venres) 18:00

Localización

Concello de Vilagarcía de Arousa

Está pasando!