'Oficios e saberes: Mariñeiros, mariscadoras e redeiras', en Pontevedra

sáb26out11:30sáb12:30'Oficios e saberes: Mariñeiros, mariscadoras e redeiras', en Pontevedraapego no outono 202411:30 - 12:30 Concello de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O mundo dos oficios tradicionais galegos e o artesanado será o fío condutor dunha serie de actividades guiadas por Polo Correo do Vento e Ab Origine. No marco do programa Apego, ‘Un pobo de oficios e saberes’ desenvolverase ao longo do ano en distintas parroquias e localizacións do Concello de Pontevedra.

Desta volta, aprenderemos sobre mariñeiros, mariscadoras e redeiras a través dunha charla do antropólogo Rafael Quintía, unha sesión de contacontos a cargo de Enrique Mauricio e un obradoiro de debuxo guiado por Carlos Taboada.

Para rematar a xornada, a artesá Pilar Silva compartirá con nós os seus saberes e axudaranos a levar á práctica as técnicas traballadas durante a sesión. A actividade conta co acompañamento musical de Marcelo Dobode.

As xornadas están pensadas e adaptadas para que as familias con crianzas a partir de 3 anos entren en contacto coa antropoloxía da cultura propia dunha maneira interxeracional e lúdica, a través dos oficios e saberes populares.

Esta actividade celebrarase o sábado 26 de outubro, de 11.30 a 12.30 horas no Centro Social de San Roque. O acceso é de balde, mais require inscrición previa en apuntate.pontevedra.gal.

As prazas son limitadas. Para sumarse ao programa Apego cómpre solicitar cita a través do formulario do web apego.gal ou no teléfono 986 863 157 do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra.


Hora

(Sábado) 11:30 - 12:30

Localización

Concello de Pontevedra

Está pasando!