‘Os fabulosos Cleaners’ en Sanxenxo

sáb17xan18:00‘Os fabulosos Cleaners’ en Sanxenxociclo 'Sanxenxo no foco'18:00 Auditorio Emilia Pardo Bazán - Sanxenxo

Detalles do Evento

A programación do ciclo ‘Sanxenxo no foco’ arrinca o vindeiro sábado, 17 de xaneiro, ás 18:00 horas, con ‘Os fabulosos Cleaners’, un espectáculo de pompas de xabón para todos os públicos. Unha experiencia visual extraordinaria para toda a familia.

Dúas limpadoras de teatro descobren por casualidade as posibilidades que ofrecen as súas ferramentas de traballo combinadas con auga e xabón. A partir de aí, os personaxes embarcaranse nunha emocionante viaxe guiados polas fantásticas pompas.

O público sorprenderase e gozará destas máxicas pompas: transparentes, con fume, con vapor, pequenas, grandes, estáticas ou voadoras polo escenario.

‘Os fabulosos Cleaners’ é un espectáculo creado por Luis Beviá e Xoque Carbajal, con dirección de Marcos Orsi e Xoque Carbajal e interpretado por Xoque acompañado de Jouse García.

Entradas anticipadas á venda dende 5 euros en Ataquilla.com

Hora

(Sábado) 18:00

Localización

Auditorio Emilia Pardo Bazán

Rúa Miraflores, 3 - 36960 Sanxenxo

Está pasando!