'Os Monifates de festa en festa' en Portas

xov25xul20:00'Os Monifates de festa en festa' en PortasEspectáculo de música a cargo de Os Monifates20:00 Concello de Portas - Portas

Detalles do Evento

Os Monifates chegan ao Albergue de Briallos, en Portas, co espectáculo ‘Os Monifates de festa en festa’.

Un carromato, dous músicos ambulantes e os máis diversos monicreques danzantes. Os Monifates é un proxecto lúdico-­didáctico estreitamente relacionado coa cultura galega, que pretende mostrar a rica e variada música e instrumentación que se conserva en Galicia, unido á recuperación dos chamados monicreques danzantes, hoxe case en desuso, integrando así baile, música e marionetas nun formato distinto e orixinal.

Os Monifates ofrecen neste espectáculo unha actuación chea de didáctica ao tempo que divertida, sexa cal sexa a idade do público, conseguindo así integrar música e baile tradicional con marionetas nun mesmo formato.

Este espectáculo forma parte do programa Cultura no Camiño 2024.

Hora

(Xoves) 20:00

Localización

Concello de Portas

Está pasando!