‘Pegadas de Castelao’ | Migallas Teatro

'Pegadas de Castelao' en Pontevedra

dom30nov18:00'Pegadas de Castelao' en PontevedraAsociación Cultural Casa Verde & Migallas Teatro18:00 Casa Verde de Salcedo - Pontevedra

Detalles do Evento

O domingo 30 de novembro, ás 18.00 horas, na Casa Verde de Salcedo, a compañía Migallas Teatro representará o espectáculo ‘Pegadas de Castelao’.

‘Pegadas de Castelao’ é un espectáculo dirixido a todos os públicos a partir de 6 anos que ten como obxectivo a difusión da figura e da obra de Castelao en todas as súas facetas: escritor, político, artista, promotor cultural etc. dunha forma amena e divertida.

Para lograr este obxectivo, combínanse diferentes técnicas dramáticas: monicreques de silueta, de luva e cabezudos inspirados nos debuxos e relatos de Castelao, teatro de actor, pantomima, cantar de cego etc., todo acompañado por música en directo e cantigas populares vinculadas á súa vida e obra.

A función está organizada pola Asociación Casa Verde de Salcedo e conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra a través do programa Culturea.

A entrada é de balde ata completar a cabida.

Hora

(Domingo) 18:00

Localización

Casa Verde de Salcedo

Igrexa, 36C, 36143 Salcedo, Pontevedra

Está pasando!