'Pelica de Burra', con Vero Rilo e Luís Iglesias en Pontevedra

ven29nov17:30'Pelica de Burra', con Vero Rilo e Luís Iglesias en Pontevedraapego no outono 202417:30 Pazo da Cultura de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Despois dunha incrible viaxe no tempo, Pelica de Burra aterra nun futuro sen xogos, sen contos, sen música… nun futuro terrible. Ante isto, decide regresar ao pasado para atopar as palabras perdidas: “Peliquiña Meee / por aquí non é! / por aquí tampouco / entón… por onde?” Este retrouso levaranos á solución dun mundo sen diversión.

‘Pelica de Burra’ é un obradoiro de narración oral e música para a primeira infancia da man da narradora e educadora Vero Rilo e o músico Luís Iglesias. Música, narración oral, tradición, xogos de colo, arrolos, igualdade e moito conto é o que achegan nesta nova proposta.

Esta actividade celebrarase o venres 29 de novembro, en dúas sesións, de 17.30 a 18.00 horas e de 18:30 a 19:00 horas, na Cova dos Libros do Pazo da Cultura de Pontevedra. 

Dirixido a familias con crianzas de 0 a 3 anos. O acceso é de balde, mais require inscrición previa en apuntate.pontevedra.gal.

As prazas son limitadas. Para sumarse ao programa Apego cómpre solicitar cita a través do formulario do web apego.gal ou no teléfono 986 863 157 do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra.


Está pasando!