‘As desterradas’ | Producións Teatrais Excéntricas

Ponteatro 2025 - ‘As desterradas’

xov23out21:00Ponteatro 2025 - ‘As desterradas’outubro e novembro de 202521:00 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O xoves 23 de outubro, dentro do ciclo Ponteatro, Producións Teatrais Excéntricas porá en escena a obra ‘As desterradas’.

No século XVI unha pequena comunidade de monxas á beira do Miño vese ameazada pola cobiza da xerarquía eclesiástica. Os señores da Igrexa, para rematar coa resistencia das freiras, non dubidan en difamalas e ameazadas por todos os medios.

Carme Varela reconstrúe nun thriller conventual aqueles tempos de resistencia das comunidades de mulleres autosuficientes e poderosas. A vida parece continuar coas súas rutinas de rezos, bordados e melindres, mais a negra sombra da ameaza exterior abátese sobre o convento de Albeos.

25º Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais.

Dirección: Quico Cadaval

Elenco: Melania Cruz, Patricia Vázquez, Rebeca Montero, Rocío González, Belén Constenla e Víctor Mosqueira

Duración: 85 min.

PONTEATRO 2025

Amorodio Teatro, Teatro Español, Producións Teatrais Excéntricas, Histrión Teatro, Etiqueta Negra e Talía Teatro achegarán as mellores propostas do panorama teatral.

Os espectáculos terán lugar os xoves 9, 16, 23 e 30 de outubro e 6 e 13 de novembro ás 21.00 h. no Teatro Principal de Pontevedra.

  • 9 OUT | ‘CORTELLO DE AMOR’ (AmorodioTeatro)
  • 16 OUT | ‘CARMEN, NADA DE NADIE’ (Teatro Español e Tablas y más Tablas)
  • 23 OUT | ‘AS DESTERRADAS’ (Producións Teatrais Excéntricas)
  • 30 OUT | ‘NEVENKA’ (Histrión Teatro)
  • 6 NOV | ‘GO HOME’ (Etiqueta Negra Producións)
  • 13 NOV | ‘UN DEUS SALVAXE’ (Talía Teatro)

Unha programación completa para pasar un outono entretido e proveitoso gozando do teatro en Pontevedra.

Á venda en Ataquilla.com os abonos a un prezo único de 30 € e as entradas a 8€ con desconto a 4€ para as persoas estudantes, desempregadas e maiores de 65.

Hora

(Xoves) 21:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!