‘Carmen, nada de nadie’ | Sergio Parra

Ponteatro 2025 - ‘Carmen, nada de nadie’

xov16out21:00Ponteatro 2025 - ‘Carmen, nada de nadie’outubro e novembro de 202521:00 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

A programación do ciclo teatral Ponteatro continúa o xoves 16 de outubro con ‘Carmen, nada de nadie’, de Teatro Español e Tablas y más Tablas.

A vida de Carmen Díez de Rivera foi tan excepcional que ten paralelismos coas protagonistas das traxedias gregas, como Antígona ou Ariadna.

Nada nunhas circunstancias familiares atropeladas, dentro do máis distinguido da aristocracia española, renunciou aos privilexios de clase e chegou a alcanzar un posto que ningunha muller desempeñara neste país: xefa do gabinete da Presidencia do Goberno.

No escenario, Carmen vai debullando os momentos álxidos da súa carreira política mentres recorda os episodios íntimos que marcaron a súa desesperanza e o seu carácter.

Dirección: Fernando Soto

Dramaturxia: Francisco M. Justo Tallón e Miguel Pérez García.

Elenco: Beatriz Argüello, Oriol Tarrasón, Ana Fernández e Víctor Massán

Duración: 90 min.

PONTEATRO 2025

Amorodio Teatro, Teatro Español, Producións Teatrais Excéntricas, Histrión Teatro, Etiqueta Negra e Talía Teatro achegarán as mellores propostas do panorama teatral.

Os espectáculos terán lugar os xoves 9, 16, 23 e 30 de outubro e 6 e 13 de novembro ás 21.00 h. no Teatro Principal de Pontevedra.

  • 9 OUT | ‘CORTELLO DE AMOR’ (AmorodioTeatro)
  • 16 OUT | ‘CARMEN, NADA DE NADIE’ (Teatro Español e Tablas y más Tablas)
  • 23 OUT | ‘AS DESTERRADAS’ (Producións Teatrais Excéntricas)
  • 30 OUT | ‘NEVENKA’ (Histrión Teatro)
  • 6 NOV | ‘GO HOME’ (Etiqueta Negra Producións)
  • 13 NOV | ‘UN DEUS SALVAXE’ (Talía Teatro)

Unha programación completa para pasar un outono entretido e proveitoso gozando do teatro en Pontevedra.

Á venda en Ataquilla.com os abonos a un prezo único de 30 € e as entradas a 8€ con desconto a 4€ para as persoas estudantes, desempregadas e maiores de 65.

Hora

(Xoves) 21:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!