‘Go home’ | Leo López

Ponteatro 2025 - ‘Go home’

xov06nov21:00Ponteatro 2025 - ‘Go home’outubro e novembro de 202521:00 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O xoves 6 de novembro, dentro do ciclo teatral Ponteatro, Etiqueta Negra Producións presentará a obra ‘Go home’.

‘Go home’ conta a historia de David, un fanático do turismo que xa fixo todo tipo de aventuras que as axencias lle podían ofrecer. Todas menos unha: unha viaxe sorpresa, a cegas, na que non sabe o que lle vai acontecer.

A peripecia levarao a pasar a noite no Cebreiro, comezando unha aventura na que gozará de emocións intensas, tales como a dúbida, o medo e a sorpresa.

Trátase dunha comedia comprometida coa realidade que trata unha das temáticas máis de actualidade do momento: o turismo e a xentrificación.

Dirección: Tito Asorey

Autoría: José Prieto

Elenco: David Amor e Josito Porto

Duración: 90 min.

PONTEATRO 2025

Amorodio Teatro, Teatro Español, Producións Teatrais Excéntricas, Histrión Teatro, Etiqueta Negra e Talía Teatro achegarán as mellores propostas do panorama teatral.

Os espectáculos terán lugar os xoves 9, 16, 23 e 30 de outubro e 6 e 13 de novembro ás 21.00 h. no Teatro Principal de Pontevedra.

  • 9 OUT | ‘CORTELLO DE AMOR’ (AmorodioTeatro)
  • 16 OUT | ‘CARMEN, NADA DE NADIE’ (Teatro Español e Tablas y más Tablas)
  • 23 OUT | ‘AS DESTERRADAS’ (Producións Teatrais Excéntricas)
  • 30 OUT | ‘NEVENKA’ (Histrión Teatro)
  • 6 NOV | ‘GO HOME’ (Etiqueta Negra Producións)
  • 13 NOV | ‘UN DEUS SALVAXE’ (Talía Teatro)

Unha programación completa para pasar un outono entretido e proveitoso gozando do teatro en Pontevedra.

Á venda en Ataquilla.com os abonos a un prezo único de 30 € e as entradas a 8€ con desconto a 4€ para as persoas estudantes, desempregadas e maiores de 65.

Hora

(Xoves) 21:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!