‘Nevenka’ | Histrión Teatro

Ponteatro 2025 - ‘Nevenka’

xov30out21:00Ponteatro 2025 - ‘Nevenka’outubro e novembro de 202521:00 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Dentro do ciclo teatral Ponteatro, Histrión Teatro presentará o xoves 30 de outubro a obra ‘Nevenka’.

En 2001, e por primeira vez na historia de España, unha muller gañou un xuízo por acoso sexual a un político. Nevenka Fernández sentou a un alcalde no banco dos acusados, converténdose no primeiro caso do #MeToo nun país que lle deu a razón nos tribunais, pero que a estigmatizou publicamente.

Hoxe este caso devólvenos a imaxe do que fomos para sinalar os avances, pero tamén as feridas.

Hoxe Nevenka segue sendo ese espello no que se miran as mulleres que a precederon e que a seguiron; un reflexo dunha sociedade que cambiou ou, quizais, non tanto.

Dirección e autoría: María Goiricelaya

Elenco: Gema Matarranz, Ales Furundarena e Ana Ibáñez

Duración: 80 min.

PONTEATRO 2025

Amorodio Teatro, Teatro Español, Producións Teatrais Excéntricas, Histrión Teatro, Etiqueta Negra e Talía Teatro achegarán as mellores propostas do panorama teatral.

Os espectáculos terán lugar os xoves 9, 16, 23 e 30 de outubro e 6 e 13 de novembro ás 21.00 h. no Teatro Principal de Pontevedra.

  • 9 OUT | ‘CORTELLO DE AMOR’ (AmorodioTeatro)
  • 16 OUT | ‘CARMEN, NADA DE NADIE’ (Teatro Español e Tablas y más Tablas)
  • 23 OUT | ‘AS DESTERRADAS’ (Producións Teatrais Excéntricas)
  • 30 OUT | ‘NEVENKA’ (Histrión Teatro)
  • 6 NOV | ‘GO HOME’ (Etiqueta Negra Producións)
  • 13 NOV | ‘UN DEUS SALVAXE’ (Talía Teatro)

Unha programación completa para pasar un outono entretido e proveitoso gozando do teatro en Pontevedra.

Á venda en Ataquilla.com os abonos a un prezo único de 30 € e as entradas a 8€ con desconto a 4€ para as persoas estudantes, desempregadas e maiores de 65.

Hora

(Xoves) 21:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!