Ponteverán 2025

lun30xuñConsultarsáb30agoPonteverán 2025pROGRAMA DE LECER e TEMPO LIBRE E PARA O VERÁN(Consultar) Concello de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O Concello de Pontevedra organiza un ano máis, unha nova edición do programa Ponteverán, que achega unha morea de propostas de ocio alternativo destinadas a cativada e mocidade.

87 xornadas de actividade para 63 días de verán, os que hai entre o 30 de xuño e o 31 de agosto. Serán 18 propostas diferentes en 20 quendas, todas de balde e todas para pontevedreses e pontevedresas de entre 4 e 25 anos.

Todas as actividades precisan de inscrición previa, a partir do 2 de xuño en apuntate.pontevedra.gal. Priorizaranse nenas e nenos empadroados en Pontevedra fronte aos doutros concellos, que só poderán asistir no caso de prazas vacantes.

A información está en xuventude.pontevedra.gal ou na oficina de Xuventude polas mañás na Casa da Luz e no teléfono 986 840 367 no mesmo horario, de 9.00 a 14.00 h.

Hora

Xuño 30 (Luns) - Agosto 30 (Sábado)

Localización

Concello de Pontevedra

Está pasando!