xullo, 2021

02xul17:0019:00'Prende no colo'Programa Apego17:00 - 19:00 Xardíns do Doutor Marescot, PontevedraEvento tipo:Infantil

Detalles do Evento

O programa Apego trae o obradoiro para bebés de 0 a 3 anos ‘Prende no colo’,  con Luís Prego.

Venres 2 de xullo nos xardíns do Doutor Marescot. Recoméndase levar unha mantiña ou esteira para sentar no chan.

  • Primeira sesión de 17:00 a 17:45 h.
  • Segunda sesión de 18:15 a 19:00 h.

Inscrición ata 20 familias. Actividade deseñada para aprender cantigas, cantos de berce, xogos de dedos, recitados e outras pezas cheas de ritmo e melodía a partir de temas tradicionais galegos.

Como en edicións anteriores, todas as actividades do programa Apego son de balde pero con prazas limitadas polo que é preciso realizar a pertinente inscrición antes do 7 de abril a través da páxina web apuntate.pontevedra.gal

O progama Apego, impulsado pola Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra, pon en marcha unha nova quenda de actividades dentro deste programa, co obxecto de ofertar actividades educativas e de lecer ás familias que xa teñen fillos e fillas ata 6 anos ou que están agardando un novo membro, para fomentar e mellorar a transmisión do galego como  lingua inicial.

Ademais das familias xa inscritas, as que aínda non fagan parte do programa pero dexesen inscribirse poden solicitar unha cita en apego.gal

Hora

(Venres) 17:00 - 19:00

Localización

Xardíns do Doutor Marescot

Rúa Doutor Enrique Marescot, 36002 Pontevedra

Está pasando!