Presentación do poemario 'Código Hobo' en Pontevedra

mar28out19:30Presentación do poemario 'Código Hobo' en Pontevedra Luis Colder, acompañado de Ramón Rozas19:30 Edificio Castelao. Museo de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O martes 28 de outubro, ás 19:30 horas, no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra, será presentado o poemario ‘Código Hobo’, pertencente á colección de poesía da Editorial Espasa.

Na presentación estará o autor Luis Colder, acompañado de Ramón Rozas.

Entrada libre e gratuíta ata completar cabida.

Sinopse de Código Hobo

Unha visita guiada pola beleza das palabras: magnéticas, vagabundas, reveladoras.

A fins do XIX, Estados Unidos enfrontou unha grave crise. Foi un período de escaseza que, sumado á Gran Depresión dos anos 30, deixou a miles de persoas na indigencia.

Para tentar sobrevivir, moitos comezaron a viaxar polo país en busca de oportunidades. Así naceron os hobos: traballadores itinerantes que percorrían o territorio coándose en vagóns de trens de carga, sempre esquivando á autoridade e apoiándose mutuamente.

Para iso crearon o Código Hobo, unha linguaxe secreta de símbolos que debuxaban en postes ou valos e que alertaban sobre perigos, sinalaban lugares seguros e tamén indicaban onde lles ofrecían comida ou traballo.

O labor do verdadeiro poeta é avisarnos do que se esconde baixo a sintaxe. ‘Código Hobo’ transita a beleza da metapoesía, xogo lúcido coa linguaxe que pasa desapercibido. O mantra hipnótico do verso percorre as estacións e as paisaxes da nosa vida, que abrigan unha clave para interpretalos.

Ao final Luis Colder, sen darnos conta, móstranos o argumento de nosa propia errancia.

Hora

(Martes) 19:30

Localización

Edificio Castelao. Museo de Pontevedra

Rúa Padre Amoedo Carballo, 3. 36002 Pontevedra

Está pasando!