Proxección de '+Cuñados' en Vilaboa

xov14ago22:00Proxección de '+Cuñados' en Vilaboa'cINE NA RÚA'22:00 Concello de Vilaboa - Vilaboa

Detalles do Evento

O Adro de San Adrián de Cobres acollerá o xoves 14 de agosto a proxección do filme ‘+Cuñados’, protagonizado por Xosé Antonio Touriñán, Miguel de Lira, Federico Pérez e Eva Fernández.

Poderá verse a partir das 22.00 horas de xeito totalmente gratuito.

SINOPSE

Esta nova aventura dos cuñados arrinca coa aparición dun cadáver xusto no medio da ponte internacional de Tui. Este feito vén do ocorrido hai uns días…

Chega o Entroido e a familia Ribeiro prepárase para gozar das festas favoritas de todo bo ourensán. Pasaron dous anos desde a detención de Alicia Zamora e o seu socio portugués.

Os cuñados montaron un posto de polbo en Ourense, a maneira perfecta para branquear o diñeiro do motín que caeu do ceo (literalmente). Entre unha cousa e outra, Modesto converteuse nun cuñado máis da familia.

A aparición en Ourense de Andreia Nunes (a parella do portugués detido) en busca de vinganza, complicará as cousas para os cuñados, meténdoos nun novo enredo que converterá este Entroido nun auténtico baile de máscaras.

(FILMAFFINITY)

Hora

(Xoves) 22:00

Localización

Concello de Vilaboa

Está pasando!