Imaxe do filme ‘El crimen de Cuenca’

Proxección de ‘El crimen de Cuenca’ en Pontevedra

xov13nov09:27xov09:27Proxección de ‘El crimen de Cuenca’ en Pontevedra09:27 - 09:27 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Por segundo ano consecutivo, os Premios Feroz prepararon para novembro unha serie de actividades con marcado carácter feminista para achegar aos pontevedreses algunhas figuras e oficios esenciais no sector audiovisual, pero que non sempre teñen visibilidade para o gran público.

O mes comezará co ciclo de cinema ‘Pioneiras: películas e coloquios con mulleres crave na cinematografía’. Unha forma de recoñecer ás directoras, guionistas e produtoras que abriron camiño, que son un referente para as que chegaron despois.

Unha charla na que comentar, entre outros temas, as dificultades desas rodaxes e como era o sector cinematográfico nesa época e como ven a evolución da figura da muller na industria nos últimos tempos.

O luns 24 terá lugar aproxección de ‘El crimen de Cuenca’ e o coloquio coa súa guionista, Lola Salvador, autora dalgúns dos guións imprescindibles da cinematografía española, distinguida coa Medalla de Ouro ao Mérito das Belas Artes (2011) e o Premio Nacional de Cinematografía (2014), entre outros galardóns.

Estará acompañada por Paula Cons, xornalista e cineasta.

Todas as proxeccións serán no Teatro Principal ás 18.00 horas.

A entrada é de balde. Podes retirar as túas entradas na oficina de Turismo da Praza de España desde 7 días antes de cada actividade e ata completar capacidade. Máximo 4 entradas por persoa

Hora

(Xoves) 09:27 - 09:27

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!