‘Honeymoon’ | Filmax

Proxección de 'Honeymoon' en Marín

mar07out19:30Proxección de 'Honeymoon' en Marínciclo “Martes de Cinema”19:30 Biblioteca Pública Municipal de Marín - Marín

Detalles do Evento

O Concello de Marín impulsa a actividade “Martes de Cinema”, unha proposta cultural que traerá á vila unha selección de filmes e curtas seleccionados dentro dos Premios Mestre Mateo, da man da Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Pontevedra.

Serán seis sesións, unha delas de curtas, cinco de de longametraxes de ficción e unha de documental.

As proxeccións serán os martes, do 23 de setembro ao 28 de outubro, ás 19.30 horas, no Salón de actos da Biblioteca Pública, con entrada libre e de balde.

O 7 de outubro proxectarase o filme ‘Honeymoon’, dirixido por Enrique Otero e protagonizado por Javier Gutiérrez e Nathalie Poza.

Eva e Carlos son un matrimonio en destrucción. Unha parella en ruinas. Só Jonás, o fillo que un día tiveron xuntos, mantennos unidos, pero morre nun accidente absurdo nos Estados Unidos.

Como xestionar e superar algo así, cando xa nada te une?

  • 86 min.
  • 12 anos.
  • Finalista nas categorías de: Mellor longametraxe, Mellor interpretación feminina de reparto, Mellor guión, Mellor interpretación masculina de reparto, Mellor dirección, Mellor interpretación masculina protagonista, Mellor dirección de fotografía, Mellor montaxe, Mellor son e Mellor vestiario.

Hora

(Martes) 19:30

Localización

Biblioteca Pública Municipal de Marín

Avenida de Ourense, 8 - 36900 Marín

Está pasando!