Proxección de ‘Calamity, unha infancia de Martha Jane Cannary’ en Pontevedra

dom02nov12:00Proxección de ‘Calamity, unha infancia de Martha Jane Cannary’ en Pontevedra‘Primeiros ollares. Matinés de cinema infantil no Teatro Principal’12:00 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O Concello de Pontevedra presenta un novo programa destinado a público infantil e familiar que chega da man do Cineclube Pontevedra baixo o nome ‘Primeiros ollares. Matinés de cinema infantil no Teatro Principal’.

Esta primeira edición contará con 3 proxeccións matinais os días 2 e 30 de novembro e 7 de decembro ás 12.00 horas. no Teatro Principalde Pontevedra.

As propostas achegarán diferentes temáticas coma o wéstern, o dereito a expresarse, o Nadal, etc. a través do humor, a cor e técnicas como a animación ou stop motion.

Recomendadas a partir de 6 e 7 anos, contará con entrada libre ata completar cabida.

‘Calamity, unha infancia de Martha Jane Cannary’ | Cineclube Pontevedra

O ciclo botará a andar o domingo 2 de novembro co filme franco-danés ‘Calamity, unha infancia de Martha Jane Cannary’ (2020), de Rémi Chayé.

Unha xoia da animación que ficciona a infancia da mítica pistoleira e exploradora estadounidense Martha Jane Cannary (1852-1903), e que foi galardoada co premio á mellor longametraxe no Festival de Annecy no ano 2020.

O filme, que posúe todos os elementos dun bo wéstern, destaca pola súa estética impresionista e a explosión de cores para retratar as paisaxes norteamericanas, así como polo carácter da súa nova protagonista, que rexeita sen concesións o rol de xénero que lle presupón a lóxica masculina do Oeste americano do seu tempo.

Está recomendado a partir dos 7 anos. A duración é de 82 minutos.

Hora

(Domingo) 12:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!