Proxección de 'Mulheres do Meu País' en Vigo

xov27nov18:00Proxección de 'Mulheres do Meu País' en Vigociclo 'Mulleres (d)e Abril. Activistas: cinema por mulleres'18:00 Auditorio do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia (Edificio Cambón) - Vigo

Detalles do Evento

O edificio Cambón de Vigo acolle o xoves 27 de novembro, ás 18:00 horas, unha nova sesión do II Ciclo de Cine ‘Mulleres (d)e Abril. Activistas: cinema por mulleres‘, coa proxección deMulheres do Meu País(Raquel Freire, 2019) e debate posterior moderado por Toya Prudêncio, muller xitana e activista pola igualdade e o recoiñecemento da cultura xitana que participou neste filme visibilizando as mulleres da súa comunidade.

Este documental entretece catorce historias cruzadas, superpostas, contrastadas e postas en diálogo. Son catorce testemuñas de vida, de resistencia e de dignidade que nos conmoven, nos interpelan, que ás veces nos arrincan unha gargallada e noutras nos obrigan a presenciar as escenas sen dar un chío.

En cada muller, unha historia na que se entrelazan múltiples formas de opresión; en cada suxeito, una singularidade que é tamén síntese de diversas determinismos sociais.

No seu conxunto, constrúe un retrato do país, das súas estruturas e desigualdades, mais tamén da intelixencia, da coraxe, da emancipación e da loita pola felicidade.

Ciclo de cine ‘Mulleres (d)e Abril. Activistas: cinema por mulleres’

Durante os meses de outubro e novembro, terá lugar no Auditorio do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia o II Ciclo de cine “Mulleres (d)e Abril”, organizado pola I Cátedra Internacional José Saramago, BiFeGa/Feminario e Abella Producións, con apoios do Grupo de Investigación BiFeGa, o Instituto Camões e o Instituto de Literatura Comparada Margarida Losa.

A entrada é balde, non é necesaria reserva previa.

A programación do Ciclo de Cine ‘Mulleres (d)e Abril. Activistas: cinema por mulleres’ é a seguinte:

16 DE OUTUBRO (con Xisela Franco)

  • ’12 de maio de 1937′ (Mar Caldas, 2025)
  • ‘As Pioneiras do Cinema em Língua Portuguesa’ (Luísa Sequeira, 2023)
  • ‘Margarita Ledo, parolar cun eu’ (Xisela Franco, 2021)

23 DE OUTUBRO (con Margarita Ledo Andión)

  • ‘Nación’ (Margarita Ledo Andión, 2020)

30 DE OUTUBRO (con María Platas Alonso)

  • ‘Chisholm ’72: Unbought and Unbossed’ (Shola Lynch, 2004)

6 DE NOVEMBRO (con Ana Cristina Pereira)

  • ‘Sambizanga’ (Sarah Maldoror, 1972)

20 DE NOVEMBRO (con Egídia Souto)

  • ‘Cesária Évora’ (Ana Sofia Fonseca, 2022)

27 DE NOVEMBRO (con Toya Prudêncio)

  • ‘Mulheres do Meu País’ (Raquel Freire, 2019)

4 DE DECEMBRO (con Sara Tabuyo)

  • RBG’ (Betsy West & Julie Cohen, 2018)

11 DE DECEMBRO (con Lúcia Liberato Evangelista)

  • Baronesa (Juliana Antunes, 2017)

Hora

(Xoves) 18:00

Localización

Auditorio do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia (Edificio Cambón)

Rúa Palma, 4 36202 Vigo

Está pasando!