Proxección de ‘Nouvelle Vague’ en Pontevedra

mar10feb20:00Proxección de ‘Nouvelle Vague’ en PontevedraCineclube Pontevedra20:00 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O martes 10 de febreiro, o Cineclube Pontevedra proxectará o filme Nouvelle Vague (Richard Linklater, 2025, Francia, 105 min, VOSE, Lingua orixinal: francés, inglés).

Será como sempre, ás 20:30 horas no Teatro Principal de Pontevedra.

O novo filme de Richard Linklater recrea episodios clave da eclosión da nouvelle vague, desde a actividade na redacción da Cahiers du Cinéma ata a lendaria estrea de ‘Les Quatre Cents Coups’, centrándose na produción da revolucionaria película de Jean-Luc Godard ‘Ao final da escapada’ en 1959.

Divertida homenaxe ao xeito dun making of ficcionado, ateigada de chiscadelas cinéfilas e atravesada polo espírito vital e entusiasta dunha panda de mozos (Godard, Truffaut, Chabrol, Rivette e compañía) irmandados pola súa paixón polo cinema.

Nomeado á Palma de Ouro en Cannes 2025.

Cineclube Pontevedra é unha asociación sen ánimo de lucro cuxo funcionamento e financiamento depende fundamentalmente das achegas económicas que realizan periodicamente as súas socias e socios, cara a quen están dirixidas as súas actividades.

Podes escoller a opción que máis se adapte ás túas preferencias: 70 euros anuais, 25 trimestrais ou 3 euros por pases soltos.

As persoas que desexen asociarse poden facelo calquera día en que haxa proxección ou ben a través do blog da asociación.

Hora

(Martes) 20:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!