Proxección de 'RBG' en Vigo

xov04dec18:00Proxección de 'RBG' en Vigociclo 'Mulleres (d)e Abril. Activistas: cinema por mulleres'18:00 Auditorio do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia (Edificio Cambón) - Vigo

Detalles do Evento

O edificio Cambón de Vigo acolle o xoves 4 de decembro, ás 18:00 horas, unha nova sesión do II Ciclo de Cine ‘Mulleres (d)e Abril. Activistas: cinema por mulleres‘, coa proxección de ‘RBG’ (Betsy West e Julie Cohen, 2018) e debate posterior moderado por Sara Tabuyo, doutora en Estudos Ingleses pola Universidade de Vigo e profesora substituta na mesma universidade.

A súa investigación céntrase en estudos feministas, culturais e de ‘girlhood’, con especial atención á novela ‘O conto da criada’, sobre a que versa a súa tese.

‘RBG’ é un documental que ofrece unha ollada á vida e á obra da xurista Ruth Bader Ginsburg (RBG), xuíza do Tribunal Supremo dos Estados Unidos desde 1993 ata a súa morte en 2020.

Considerada parte da ‘liberal wing’, Ginsburg deixou un amplo legado xurídico e converteuse nunha icona inesperada da cultura popular. Porén, a súa extraordinaria traxectoria persoal ata chegar á máis alta instancia xudicial do país permaneceu, durante moito tempo, amplamente descoñecida.

A violencia permanece sempre latente alén dos muros, mais, a directora consegue levar a cabo unha posta en escena na que o fóra de campo sostén a tensión e onde o diálogo, mesmo cando semella imposible, continúa a existir. A vida na favela móstrase a un tempo crúa e luminosa.

Ciclo de cine ‘Mulleres (d)e Abril. Activistas: cinema por mulleres’

Durante os meses de outubro e novembro, terá lugar no Auditorio do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia o II Ciclo de cine “Mulleres (d)e Abril”, organizado pola I Cátedra Internacional José Saramago, BiFeGa/Feminario e Abella Producións, con apoios do Grupo de Investigación BiFeGa, o Instituto Camões e o Instituto de Literatura Comparada Margarida Losa.

A entrada é balde, non é necesaria reserva previa.

A programación do Ciclo de Cine ‘Mulleres (d)e Abril. Activistas: cinema por mulleres’ é a seguinte:

16 DE OUTUBRO (con Xisela Franco)

  • ’12 de maio de 1937′ (Mar Caldas, 2025)
  • ‘As Pioneiras do Cinema em Língua Portuguesa’ (Luísa Sequeira, 2023)
  • ‘Margarita Ledo, parolar cun eu’ (Xisela Franco, 2021)

23 DE OUTUBRO (con Margarita Ledo Andión)

  • ‘Nación’ (Margarita Ledo Andión, 2020)

30 DE OUTUBRO (con María Platas Alonso)

  • ‘Chisholm ’72: Unbought and Unbossed’ (Shola Lynch, 2004)

6 DE NOVEMBRO (con Ana Cristina Pereira)

  • ‘Sambizanga’ (Sarah Maldoror, 1972)

20 DE NOVEMBRO (con Egídia Souto)

  • ‘Cesária Évora’ (Ana Sofia Fonseca, 2022)

27 DE NOVEMBRO (con Toya Prudêncio)

  • ‘Mulheres do Meu País’ (Raquel Freire, 2019)

4 DE DECEMBRO (con Sara Tabuyo)

  • RBG’ (Betsy West & Julie Cohen, 2018)

11 DE DECEMBRO (con Lúcia Liberato Evangelista)

  • Baronesa (Juliana Antunes, 2017)

Hora

(Xoves) 18:00

Localización

Auditorio do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia (Edificio Cambón)

Rúa Palma, 4 36202 Vigo

Está pasando!