‘Seis días corrientes’ | Distinto Films

Proxección de 'Seis días corrientes' en Pontevedra

sáb04out18:30Proxección de 'Seis días corrientes' en Pontevedraciclo ‘A comedia segundo os Feroz’18:30 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Para arrincar a nova edición dos Feroz, o Teatro Principal de Pontevedra acollerá o ciclo de proxeccións titulado ‘A comedia segundo os Feroz’, composto por diferentes cintas gañadoras e nomeadas ao premio Feroz a mellor película de comedia.

El sábado 4 de outubro proxectarase o filme ‘Seis días corrientes’. A sesión dará comezo ás 18:30 horas, pero a apertura de portas será unha hora antes.

As entradas a todas as sesións son gratuítas previa retirada de localidades na oficina de Turismo da Praza de España de Pontevedra, desde sete días antes de cada actividade e até completar o aforo. Máximo 4 entradas por persoa.

A terceira película de Neus Ballús explora os límites entre a ficción e o documental con actores non profesionais que se interpretan no seu día a día. Baixo unha capa de humor e cotiandade, as seis historias que conforman o filme esconden unha profunda reflexión sobre os prexuízos que se activan cando nos vemos obrigados a convivir con alguén distinto a nós.

Nomeada a Mellor Comedia nos Feroz 2022, alzouse con cinco Premios Gaudí e no Festival de Locarno logrou os premios a Mellor actor para Mohamed Mellali e Valero Escolar e tamén o Premio Europa Cinemas Label.

O día a día da vida de Moha, Valero e Pep, traballadores dunha pequena empresa de fontanería e electricidade na periferia de Barcelona. Durante unha semana Moha, o máis novo, terá que demostrar que está preparado para substituír a Pep, que se xubila. Pero Valero considera que Moha “non dá o perfil”, e dubida de que os clientes acepten a un traballador marroquí nas súas casas.

Duración: 85 min.

Hora

(Sábado) 18:30

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!