Proxección de 'Unha historia verdadeira' en Bueu

ven10abr21:00Proxección de 'Unha historia verdadeira' en BueuAbril de filmoteca21:00 Centro Social do Mar - Bueu

Detalles do Evento

Dentro da programación do ciclo ‘Abril de Filmoteca’, o venres 10 de abril o Cineclube Bueu proxectará en VOSE o filme ‘Unha historia verdadeira’ (David Lynch, EEUU, 1999, 111′).

Coma sempre, terá lugar as 21:00 horas no Centro Social do Mar.

A entrada para os socios anuais é de balde e 2 euros para socios por sesión.

Sinopse:

Alvin Straight é un achacoso ancián que vive en Iowa cunha filla discapacitada. Alén de sufrir un enfisema e perda de visión, ten graves problemas de cadeira que case lle impiden permanecer de pé. Cando recibe a noticia de que o seu irmán Lyle, co que está posto a mal desde hai dez anos, sufriu un infarto, a pesar do seu precario estado de saúde, decide ir velo a Wisconsin. Para iso terá que percorrer uns 500 kilometros, e faio no único medio de transporte do que dispón: unha máquina cortacésped. (FILMAFFINITY)

Hora

(Venres) 21:00

Localización

Centro Social do Mar

Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu

Está pasando!