'Quixote'

dom10out12:30'Quixote'Vigocultura | Dous pases: 12:30 e 18:00 h.12:30 Auditorio Municipal do Concello de Vigo - Vigo

Detalles do Evento

Pedras de Cartón porá en escena o espectáculo de teatro familiar ‘Quixote’, dentro da programación de Vigocultura.

  • Autoría: Juan Rodríguez sobre o texto de Miguel de Cervantes
  • Dirección e coreografía: Laura Sarasola
  • Adaptación e escenografía: Juan Rodríguez
  • Deseño de son e música: Davide González
  • Deseño de iluminación: Dani Pais
  • Vestiario: Diego Valeiras
  • Elenco artístico: Juan Rodríguez e Pablo Sánchez
  • Idioma: Galego
  • Público: familiar +4 anos
  • Duración: 50 minutos

‘Quixote’ é un xogo cómico inspirado na coñecida obra de Cervantes. Un espectáculo para achegar os clásicos a toda a familia con humor e case sen palabras, no que Don Quixote viaxa polas terras de Castela co seu velocípedo, acompañado do fiel Sancho e un triciclo cargado de maletas.

O segundo espectáculo de Pedras de Cartón traballa, desta volta, cunha estética achegada ás películas de pallasos de Fellini.

Premio Barroco Infantil no XLIV Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro.

Dous pases, ás 12:30 e ás 18:00 horas.

Prezo: dende 5,00 €. Entradas anticipadas á venda en giglon.com, na Librería Librouro (Eduardo Iglesias 12, Vigo), en horario de luns a sábado,
de 10 a 14 e de 17 a 20 horas. O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas dispoñibles).

Hora

(Domingo) 12:30

Localización

Auditorio Municipal do Concello de Vigo

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo

Está pasando!