'Remember Queen' en Pontevedra

sáb21dec21:00'Remember Queen' en Pontevedra European Tour 202421:00 Auditorio Sede Afundación - Pontevedra

Detalles do Evento

Comeza unha nova tempada do espectáculo ‘Remember Queen’, o espectáculo homenaxe a Queen que triunfa desde o ano 2005 nos mellores escenarios de toda Europa co mellor dobre do mundo Piero Venery.

Tras estar presente un mes na Gran Vía de Madrid estivo presente cun éxito rotundo en máis de 70 cidades durante o ano 2019 tamén actuacións no 2020 e 50 actuacións no 2021, e 74 actuacións no 2022, sendo visto só este ano por máis de 350.000 persoas.

Os artistas en Remember Queen coidan o máis mínimo detalle do espectáculo orixinal cunha posta en escena similar á que estes utilizaban na Xira do 86, sendo a última Xira de Queen con “Freddie Mercury” en escena. A formación orixinal que apaixonou nos escenarios de todo o mundo.

Queen era excepcional porque os seus músicos eran excepcionais, como o seu batería Roger Taylor, recoñecido e destacado músico da historia do rock, que ademais foi compositor de gran parte dos éxitos como “Radio Ga Ga”, “A Kind of Magic”. O batería de ‘Remember Queen’ Roberto D´Amicis interpreta como ninguén outros éxitos de Queen como “I’m In Love With My Car”.

Todos as grandes cancións como “We are the Champions” ou “Bohemian Rapsody” nun espectáculo de éxito internacional visto por máis de cincocentas mil persoas protagonizado polo mellor dobre do mundo de Freddie Mercury, Piero Venery que desde Italia ofrécenos unha impecable caracterización do artista, xunto aos seus xestos, bailes e posta en escena.

Esta tempada poderemos gozar dunha nova xira de concertos polas principais cidades dentro das súas programacións festivas

Hai moitos tributos a Queen pero ningún como o espectáculo ‘Remember Queen’.

Entradas anticipadas á venda dende 28,60 euros en Ataquilla.com

Hora

(Sábado) 21:00

Localización

Auditorio Sede Afundación

Rúa Augusto González Besada, 2, 36001 Pontevedra

Está pasando!