Ruta guiada 'Sendeiro da Fraga'

sáb16set10:30Ruta guiada 'Sendeiro da Fraga'Asociación A Illa dos Ratos10:30 Concello de Moaña - Moaña

Detalles do Evento

A Asociación de Animación Sociocultural e Turística A Illa dos Ratos volve para propoñernos unha maneira amena e didáctica de coñecer o noso entorno a través das súas rutas guiadas.

Nesta ocasión presentan ‘Descubre Moaña no Verán 2023’, un proxecto de 6 rutas no que volven a colaborar co Concello de Moaña.

Coma sempre estas rutas son totalmente gratuítas pero ao finalizar os percorridos, as/os guías ofrecerán aos asistentes a posibilidade de facer unha colaboración simbólica e voluntaria a favor da nosa asociación que empregaremos para a realización doutros proxectos.

AUGA QUE PASA, NON MOVE MUÍÑO

O río da Fraga, un dos máximos expoñentes naturais de Moaña, foi un dos fíos vertebradores da vida cotiá dos nosos antepasados. Un entorno natural espectacular serviranos nesta ruta como marco para explicar a importancia que os ríos en xeral teñen tanto a nivel natural como paisaxístico e humano.

Un río é moito máis que un curso de auga, é o eixo de todo un ecosistema do que os humanos tamén formamos parte. As súas augas serviron para regar os cultivos e, sobre todo, para mover a principal industria de Galicia ata non hai tanto: os muíños.

Nesta ruta viaxaremos pois, río arriba, desde o presente urbano e agrícola ao pasado natural que lle dá nome ao río, a fraga, o bosque autóctono que aínda podemos contemplar neste espazo tan singular.



Neste programa os asistentes terán a oportunidade de descubrir a historia e algúns dos lugares máis interesantes de Moaña.  As rutas que se levarán a cabo nesta ocasión serán:


Se estades interesados en asistir teredes que darvos moita présa porque as prazas son limitadas e a demanda moi elevada. 

Os interesados deben inscribirse previamente por whatsapp no 611 08 08 53. Nun principio haberá un límite de 30 prazas por ruta e unha vez sexan completadas, habilitaranse as correspondentes listas de espera que xestionaremos de forma activa.

Hora

(Sábado) 10:30

Localización

Concello de Moaña

Está pasando!