Ruta literaria 'O último barco'

dom02xuñ10:30Ruta literaria 'O último barco''DESCUBRE MOAÑA NA PRIMAVERA 2024'10:30 Concello de Moaña - Moaña

Detalles do Evento

A Asociación de Animación Sociocultural e Turística A Illa dos Ratos volve para propoñernos unha maneira amena e didáctica de coñecer o noso entorno a través das súas rutas guiadas de balde.

Nesta ocasión presentan ‘Descubre Moaña na Primavera 2024’, un proxecto no que volven a colaborar co Concello de Moaña.

Coma sempre estas rutas son totalmente gratuítas pero ao finalizar os percorridos, as/os guías ofrecerán aos asistentes a posibilidade de facer unha colaboración simbólica e voluntaria a favor da nosa asociación que empregaremos para a realización doutros proxectos.

Se estades interesados en asistir teredes que darvos moita présa porque as prazas son limitadas e a demanda moi elevada.

Os interesados deben inscribirse previamente por whatsapp no 611 08 08 53 ou a través de ailladosratos.org



SEGUINDO OS PASOS DE CALDAS E ESTÉVEZ

A desaparición de Mónica Andrade leva ao inspector de policía Leo Caldas e máis o seu axudante Estévez á costa de Tirán para intentar descubrir o paradoiro da rapaza. Na súa busca percorren diferentes localizacións desta vila, recompilando pistas que os axudarán a resolver o caso.

Nesta ruta literaria coñeceremos algúns dos lugares nos que transcorre a trama do libro. Partiremos da estación marítima de Moaña, pasaremos pola histórica igrexa de San Xoan de Tirán e chegaremos ata o curioso miradoiro da Mona, seguindo os pasos de Caldas e Estévez na súa investigación, e coñeceremos máis detalles sobre eses lugares reais nos que está baseada esta historia de ficción do escritor Domingo Villar.

Hora

(Domingo) 10:30

Localización

Concello de Moaña

Está pasando!