‘Sempre máis. Arte, ecoloxía e protesta na Galiza do Prestige’ en Pontevedra

ven06outConsultarlun13nov‘Sempre máis. Arte, ecoloxía e protesta na Galiza do Prestige’ en PontevedraUnha mostra da Asociación Unha Gran Burla Negra(Consultar) Sala de exposicións do Pazo da Cultura - Pontevedra

Detalles do Evento

O vindeiro venres 6 de outubro ás 20:00 horas terá lugar na Sala de Exposicións do Pazo da Cultura de Pontevedra a inauguración da mostra ‘Sempre máis. Arte, ecoloxía e protesta na Galiza do Prestige’.

Nos vinte anos do seu aniversario, esta mostra expositiva quere volver sobre a memoria, a creatividade e as protestas que acompañaron o afundimento do Prestige para reflexionar sobre a necesidade hoxe de seguir xuntando a defensa da democracia e da ecoloxía. A partir do arquivo vivo da Asociación Unha Gran Burla Negra, que leva acompañando os legados do Nunca Máis dende o ano 2017, e grazas unha rede extensa de artistas, investigadoras, activis tas e compañeiras, este proxecto colectivo busca abrir preguntas incómodas, imaxinar mundos e partillar loitas.

Entre eses colectivos e as súas achegas atoparemos a pontevedresa APDR que amais dunha numerosa cantida de material, difunde o seu documental “Paraíso Roubado”.

A xornada inagural contará cunha visita guiada pola Sala con numerosa explicacións. Ata o 13 de novembro poderá visitarse libremente luns, mércores, xoves e venres de 18:00 a 21:00 horas, sábados de 12:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 21:00 horas, domingos e festivos de 12:00 a 14:00 horas. Martes, pechada.


Hora

Outubro 6 (Venres) - Novembro 13 (Luns)

Localización

Sala de exposicións do Pazo da Cultura

Alexandre Bóveda, s/n 36005 Pontevedra

Está pasando!