Touriñán presenta 'Aquí Tou!' en Salceda de Caselas

ven05dec20:30Touriñán presenta 'Aquí Tou!' en Salceda de CaselasUN MONÓLOGO DE XOSÉ A. TOURIÑÁN20:30 Auditorio Municipal de Salceda de Caselas - Salceda de Caselas

Detalles do Evento

En ‘Aquí Tou!’, Touriñán fai un percorrido pola súa vida, dende a súa concepción nunha noite de San Xoán ata un posible epitafio. Momentos chave do seu camiño vital cos que, como galegos, todos nos sentimos identificados.

Mesturando realidade con ficción, tenrura e picardía, anécdotas propias e cultura popular galega, Xosé Antonio Touriñán lévanos da man pola súa vida cun monólogo no que conta e representa partes da súa vida e da serie de boas e malas decisións que, xunto cos feitos casuais, levárono a ser que hoxe é.

Así, Touriñán tratará de dar resposta durante o espectáculo á nai de todas as preguntas:

“Estou neste preciso lugar e neste mesmo momento polas decisións que tomei ou foi a sorte, a casualidade e o destino os que me trouxeron ata aquí?” Para atopar a resposta fará un repaso da vida dos seus antepasados e da súa propia, animando ao público ao facer o mesmo e así, entre todos, tentar despexar a incógnita: “Si, aquí tou, pero… por que?”

Dobre función, ás 20:30 e ás 23:00 horas.

Entradas anticipadas á venda dende 19,44 euros en Ataquilla.com


Hora

(Venres) 20:30

Localización

Auditorio Municipal de Salceda de Caselas

Praza do Concello, s/n 36471 Salceda de Caselas

Está pasando!