outubro, 2021

17outTodo o díaTrail do Trega'Pontevedra Trail League 2021(Todo o día: domingo) Provincia de PontevedraEvento tipo:Outras

Detalles do Evento

As persoas amentes do trail están de parabéns, a Pontevedra Trail League chega este 2021 ao Baixo Miño cunha atractiva programación coa colaboración da Deputación de Pontevedra, os concellos do Rosal, A Guarda e Tui e a empresa NOKO 360.

A competición volverá a contar co Trail Adventure Muíños do Folón (no Rosal) e o Trail do Trega (na Guarda) aos que se suma este ano o Trail do Aloia (en Tui), que chega como novidade desta segunda edición.

A primeira das probas será o Trail Adventure Muíños do Folón, que se levará a cabo o domingo 9 de maio e cuxas prazas esgotáronse en menos de 24 horas. O percorrido transcorrerá polos Muíños do Folón e do Picón.

Será o 17 de outubro cando chegue á Guarda o Trail do Trega, no que as e os participantes percorrerán o Castro, do que este ano se celebra o centenario do seu recoñecemento como Ben de Interese Cultural.

A derradeira das probas será o Trail do Aloia, a novidade deste ano, que se celebrará o 7 de novembro.

Todas as probas contan cunha distancia entre 15 e 18 quilómetros e un límite de 400 participantes en cada unha. Ademais, seguiranse nelas todos os protocolos de hixiene sanitaria.

Hora

Todo o día (Domingo)

Localización

Provincia de Pontevedra

Está pasando!