'Tralará. Contos, obxectos e música', con Marta Ortiz en Pontevedra

ven18outConsultar'Tralará. Contos, obxectos e música', con Marta Ortiz en Pontevedraapego no outono 2024(Consultar: venres) Pazo da Cultura - Pontevedra

Detalles do Evento

Marta Ortiz xunta contos, cantigas e obxectos. Contos de antes e de agora, cun pé para adiante e outro para atrás, bailando entre a tradición e a actualidade. Tralará ten o ritmo no corpo, cos cantos e refráns, retrousos e rimas, xogos de palabras e contos versados.

O ritmo que emana do propio contar, da lingua. Contaremos coas mans e bailaremos cos dedos, escoitaremos as aventuras dun botón que foi parar ao reino da sardiña, a historia dunha ratiña viaxeira que soñaba con vivir nunha illa, imaxinaremos o que sucede no obradoiro do zapateiro, cando pola noite os zapatos camiñan sós e as zocas saen a bailar.

Para familias con crianzas de 0 a 3 anos.

Esta actividade celebrarase o venres 18 de outubro, en dúas sesións, de 17.30 a 18.30 horas e de 18:30 a 19:10 horas, na Cova dos Libros do Pazo da Cultura de Pontevedra.

O acceso é de balde, mais require inscrición previa apuntate.pontevedra.gal. 

As prazas son limitadas. Para sumarse ao programa Apego cómpre solicitar cita a través do formulario do web apego.gal ou no teléfono 986 863 157 do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra.

Está pasando!